Sabías que... (5º E.P)

Tes cinco minutos? Bota unha ollada a este vídeo, aprenderás curiosidades sobre as relixións no mundo. Non somos tan distintos!!


As civilizacións (5º E.P)

Libro moi interesante que narra catro historias curtas ambientadas nas catro grandes civilizacións dos tempos antigos: Exipto, Mesopotamia, Grecia e Roma.

As relixións nos tempos antigos (5º E.P)

O Home dende sempre tivo a necesidade de crer nalgo para darlle sentido á vida e á morte. Nos tempos antigos o culto non se parecía ao dos tempos actuais. Tamén era distinto segundo o lugar onde vivían. Aquí tedes como entendían a relixión nas civilizacións en tempos antigos.
EXIPTO
O pobo exipcio:
MESOPOTAMIA
Ademáis de Exipto, outra cuna de civilización é a zona pola que pasan os ríos Éufrates e Tigris. A esa zona chamámoslle Mesopotamia, pero veredes no seguinte documento que tivo unha vida azarosa.Preme na imaxe para acceder ao arquivo.
GRECIA/ROMA
Sabías que a relixión que practicaban os románs tiña moitas semellanzas coa mitoloxía grega? Poderíase dicir que asimilaron os mitos gregos aos seus. Fíxadevos no vídeo que tedes a continuación:

Historia da Igrexa (6º E.P)

No libro dos Feitos dos Apóstolos cóntasenos o que aconteceu cos amigos de Xesús neses primeiros anos. Neste vídeo tedes dende aquela época ata a actualidade.

"As diferentes familias cristiáns" (6º E.P.)

A lectura desde arquivo vos ensinará que non somos tan diferentes.
 
Vemos a súa distribución para lembrar datos.
Neste vídeo recóllense as ideas máis importantes e poderedes visualizalo cando o precisedes.

"As grandes relixións" (6º E.P.)

Hoxe en día hai no mundo moitas relixións: Hinduísmo, Budismo, Xudaísmo, Cristianismo, Islam...
Este é un resumo das máis importantes para afianzar coñecementos.
 
Para rematar, un mapa das relixións e un cuadro comparativo do que estivemos traballando.

Mensaxe importante (6º E.P)