Os evanxeos son a boa nova da chegada do Reino de Deus.
Son os catro libros máis importantes do Novo Testamento porque narran a vida de Xesús, a súa morte e a súa resurrección.
Estes libros foron escritos por persoas que viviron na época de Xesús e narran os acontecementos que eles mesmos presenciaron ou que outros cristiáns presenciaron. Os autores dos evanxeos son os evanxelistas inspirados no Espírito Santo: Mateo, Marcos, Lucas e Xoán.
Cada un ten o seu símbolo, abreviatura, característica ... E cada un tiña unha profesión diferente antes de seguir a Xesús.
E aquí tedes unha ficha dos Evanxelistas para colorear.