Nos primeiros días de outubro de
2013, a tranquila illa de Lampedusa, Italia, acolle con satisfacción a chegada
de miles de inmigrantes que viaxan desde a próxima Libia a Europa coa esperanza
dunha vida mellor, lonxe das masacres que sofren no seu país orixinalmente. O
día 3, con todo, prodúcese a traxedia. Unha patera, que é o nome que reciben os
barcos nos que viaxan amontoados, afúndese. Había máis de 500 persoas entre
elas mulleres e nenos e falecen afogadas 366. Esta traxedia causa un gran loito
en toda Italia. O carpinteiro Francesco Tuccio fixo unha cruz de 2,80 metros de
alto, 1,50 metros de ancho e un peso de 60 quilos coa madeira do naufraxio. En
2014, o papa Francisco bendícea e pide que se converta nunha cruz de
peregrinos, unha mensaxe de solidariedade para o mundo enteiro.
Durante o mes de setembro, esta Cruz
visita a Diócese da Coruña, á que pertence a Unidade Pastoral de Carballo. En
concreto, chegou o día 3, o último día da Novena á Virxe da Milagrosa. Estivo
na miña parroquia o día 17 e da súa visita ensínovos estas fotos.